Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz 2021. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz 2021. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de enero de 2021

DÍA DA PAZ




Como todos os anos celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Este ano celebrarémolo cunha recollida de alimentos, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas (Ferrol), para fomentar aos nosos nen@s a solidariedade e o compromiso cos demais, neste tempo de pandemia. Por iso investigamos a preto do Programa Mundial de Alimentos (WFP-World Food Program).

Feliz día da Paz!!! 💓💓
O PROGRAMA MUNDIAL DE ALIMENTOS "PREMIO NOBEL DA PAZ 2020" 

O Programa Mundial de Alimentos ( WFP) é un programa da Organización das Nacións Unidas (ONU) que distribúe alimentos para apoiar proxectos de desenvolvemento, a refuxiados de longa duración e persoas desprazadas. A súa sede está na cidade de Roma (Italia). 


É a organización humanitaria líder que “salva vidas e cambia vidas”, dando asistencia alimentaria en emerxencias e traballando coas comunidades para mellorar a nutrición e crear resiliencia. 


Aínda que a comunidade internacional comprometeuse a terminar coa fame, conseguir a seguridade alimentaria e mellorar a nutrición para o 2030, unha de cada nove persoas no mundo segue sen ter suficiente alimento. Os alimentos e a asistencia relacionada con eles son clave para romper o ciclo da fame e a pobreza.





As tres peores crises alimentarias neste momento prodúcense en países afectados por conflitos: Afganistán, a República Democrática do  Congo e Iemen.

                                                 


Mentres o mundo atópase ao bordo dunha pandemia de fame, co impacto do coronavirus que ameaza con duplicar o número de persoas que padecen fame, quen vive en áreas afectadas por conflitos son os que máis sofren.


QUE TEN  QUE  VER A FAME COA PAZ?

O Programa Mundial de Alimentos ( WFP) estivo traballando na primeira liña das emerxencias durante máis de 50 anos, brindando esperanza a millóns de persoas atrapadas en conflitos. Moitas das persoas ás que axudan están a fuxir da violencia, deixando atrás toda a súa vida.

Cando os enfrontamentos fan que un gran número de persoas abandonen os seus fogares, as súas terras e os seus traballos, é máis probable que pasen fame. Pero o contrario tamén é certo. A escaseza de alimentos pode avivar as chamas das tensións sociais e alimentar as inxustizas, que en última instancia poden desencadear ou  exacerbar conflitos.


A seguridade alimentaria, a paz e a estabilidade van da man. Sen paz, non podemos acabar coa fame no mundo; e mentres haxa fame, nunca teremos un mundo pacífico.  


Polos seus esforzos por loitar contra a fame, pola súa contribución para mellorar as condicións de paz nas zonas afectadas por conflitos e por actuar como motor dos esforzos para previr o uso da fame como arma de guerra e conflito,o Programa Mundial de Alimentos (WFP) foi galardoado co Premio Nobel da Paz o 9 de outubro de 2020.