sábado, 15 de diciembre de 2012

NADAL 2012

Para este mes de Nadal preparamos o BELÉN do colexio que está colocado xunto a Árbore de Estrelas de Infantil.
PARABÉNS por suposto aos Alumn@s e a súas Familias e sin esquecer aos Profes que axudáchedes na colocación das mesas,ceo, montañas... feitas con sacos de patacas que aportou a nosa Dámaris que foi a "deseñadora técnica" e sobretodo un gran apoio para a nosa clase de Relixión.
ANEDÓCTICO- CASIÑAS DUN ANTIGO BELÉN DO COUCEIRO:
O noso director recuperou dun almacén unhas casiñas dun antigo Belén do Couceiro que o noso conserxe Diego nolas trouxo para o Belén deste ano.
Estas casiñas poden ser unha reprodución de casiñas, ermidas, igrexas do contorno da Vila de Pontedeume ( algúns papás ou avós foses os encargados de fabricalos nas vosas clases de tecnoloxía de 8ºA-B ).
ANIMÁDEVOS a visitalo e podédelas ensinar aos vosos pequerrechos pois algunhas teñen o seu nome e apelidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario