viernes, 7 de febrero de 2020

RELIXIÓN COA IGUALDADE PDI "TOD@S DIFERENTES, TOD@S IGUAIS"

Os alumn@s de relixión do Couceiro, instruíd@s pola mestra Carmen, traballaron arreo no primeiro trimestre. Imos amosar unha pequena mostra. 
En Novembro fixeron un gran mural e titulárono "RELIXIÓN COA IGUALDADE"(relacionado co PDI do centro) "TOD@S DIFERENTES, TOD@S IGUAIS". Neste mural, cada clase investigou sobre mulleres que ao longo da historia aportaron o seu traballo, sabedoría, constancia e tesón, de todos os ámbitos sociais, ata conseguir unha sociedade máis integradora e máis xusta.
 
Neste mural están representadas as biografías dunhas extraordinarias mulleres pioneiras. 

Clara Peeters: Que como non a deixaban pintar retratos, decidiu nos seus bodegóns, incluír o retrato dela mesma ao revés.

Hermana Mary Clarks: Primeira muller que conseguiu graduarse en computadoras e sistemas operativos.

Valentina Tereshkova: Primeira muller astronauta.

Tamén están representadas Marie Curie, Coco Chanel, Virginia Wolf, Frida Khalo, Rosa Parks, a solidariedade da Nai Teresa de Calcuta, Dra.Cavadas, Jaume Sanllorente 
e como non? A galega Neneta Herrero: Fundadora de ShangaIndia (ONG) e dunha escola en Pubai (Orissa) e como temos a sorte de ter ao seu fillo Iván, o noso profe de Inglés, programamos unhas charlas en febreiro sobre das súas visitas á India e o traballo desta ONG.


O 25 de Novembro "Día Mundial contra a Violencia de Xénero" na nosa aula de relixión , elaboramos coas mans de tod@s un "Lazo xigante de Non Violencia".

No hay comentarios:

Publicar un comentario