lunes, 13 de abril de 2020

LEMBRANDO O TEMPO DE CORESMA E A PASCUA.

O blogue de Paporrubio non descansa e así, coma o noso paxariño recibíu a primavera peteirando todo aquelo que se move na natureza, tamén quere saudarvos de novo e lembravos que nestes momentos, un pouco estraños, a LEDICIA debe ser a nosa inseparable compañeira.


ÁNIMO FAMILIAS, PRONTO NOS VOLVEREMOS A VER!


Aquí vos deixo unhas actividades moi entretidas para que, xunto coa vosa familia, non esquezades ao noso grande amigo Xesús.


PARA EDUCACIÓN INFANTIL:


Unha cantiga que nos recorda os 40 días cara á Pascua de Xesús.





E un conto que nos ensina que todos somos valiosos para axudarnos uns aos outros. Desde o máis pequeno ata o máis grande. Todos valemos!.


PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

1) Despois de escoitar a canción Cuaresma (da que tedes o vídeo na sección de infantil) pensade un pouquiño e anotade no cuaderno de Relixión (se non o tedes na casa chega con que dobredes e grampedes pola dobra 3 folios e lle decoredes unha portada chula de Xesús) a resposta a estas preguntas:

- Cantos días ten a Coresma?
- Que celebramos na Pascua de Xesús?.

2) Despois de escoitar o conto El león y el ratón (do que tedes o vídeo na sección de infantil) escribide a resposta a esta pregunta:

- Como axudou o ratiño ao león?

As preguntas non son difíciles verdade?. De seguro que as contestáchedes perfectas.

Aquí vos deixo "La web del maestro Pedro" na que podedes consultar moitos recursos para coñecer este tempo da Igrexa:

PARA 3º DE PRIMARIA

Lembramos a canción de Juanes "Es tiempo de cambiar" que nos lembra a necesidade de avaliarnos interiormente para mellorar cambiando aquelo no que fallamos.


1) Despois podedes elaborar -co material de que dispoñades- un ou varios corazóns, como símbolo de cambio do odio polo amor.
2) Completade no voso caderno de Relixión (se non o tedes na casa chega con que dobredes e grampedes pola dobra 3 folios e lle decoredes unha portada chula de Xesús) estas frases:
"Olvidamos que el ................ es más fuerte que el dolor".
" Es momento de ......................".
" Es tiempo de saber pedir ..................".
" Cambiar el odio por ................."
" Si aprendemos a ..................... quizás podremos juntos caminar, de la mano hasta el final".
" Es tiempo de ...............". It´s time to .....................".

PARA 4º DE PRIMARIA


Visualizade de novo a película "El hombre que hacía milagros".


El hombre que hacía milagros from Edwin Zamora on Vimeo.

Despois escribide no voso caderno de Relixión (se non o tedes na casa chega con que dobredes e grampedes pola dobra 3 folios e lle decoredes unha portada chula de Xesús) en sete frases o que máis te chamou a atención da película.

PARA 5º DE PRIMARIA

Despois de visualizar a película "El hombre que hacía milagros" (da que tedes o vídeo na sección de 4º) elaborade doce frases sobre a paixón, morte e resurrección de Xesús na película que escribiredes no voso caderno de Relixión (se non o tedes na casa chega con que dobredes e grampedes pola dobra 3 folios e lle decoredes unha portada chula de Xesús)

PARA 6º DE PRIMARIA

Despois de visualizar a película "El hombre que hacía milagros" (da que tedes o vídeo na sección de 4º) elaborade un "pasapalabra" sobre a película no voso caderno de Relixión (se non o tedes na casa chega con que dobredes e grampedes pola dobra 3 folios e lle decoredes unha portada chula de Xesús).


XOGOS PARA APRENDER MOITO SOBRE XESÚS E A IGREXA (Preme no enlace)
http://www.cristic.com/3o-y-4o-de-primaria/religion/

MANUALIDADES
- Elabora, con axuda, algún doce ou comida típica de Pascua que coñezades.
  Despois goza da túa receta e non te esquezas de compartir con ledicia.
  Bo proveito!

- Cuentas e cruces de arcilla. Esa mujer artista: Bead and clay crosses. (Preme no enlace)


No hay comentarios:

Publicar un comentario